Select Page

Licenciada en Filoloxía Hispánica [Galego-Portugués] co CAP superado. Máster en Axente de Igualdade de Oportunidades. Formadora de formadorxs en ecoloxía lingüística, contornas virtuais de aprendizaxe e comunicación inclusiva e non sexista.

Entusiasta das TIC, con formación especializada e experiencia en Competencias Tecnolóxicas para Community Managers e aplicación aos procesos formativos e aos procesos de empoderamento persoal e colectivo. Autodidacta no uso de aplicacións teconológicas e software libre. Usuaria avanzada GNU/Linux, plataformas para eLearning e xestión de contidos baseados en WordPress. Actualmente, como free-lance, son creadora de sitios web, baseados en CMS, dinámicos e accesíbeis para as persoas non-programadoras. Algúns dos meus traballos máis significativos pódense ver en singenerodedudas.com, haurraldefundazioa.org, lambdavalencia.org, aula virtual de cepaim, hotelpapel.org, noitesabertas.gal, teensespolaigualdade.org

Traballei sete anos como xestora do coñecemento e información en rede; desenvolvín os últimos seis tarefas como redactora/tradutora e Xestora de Comunidades Online na empresa Dinahosting SL, elaborando textos de marketing dixital en castelán e as súas traducións a galego e portugués para adecuar o discurso corporativo á realidade social de cada mercado usando unha linguaxe inclusiva. Tamén asesoro nestas materias a outros colectivos e entidades.

Son unha promotora convencida da importancia das iniciativas de economía solidaria. Socia fundadora de Tagen Ata lingua e comunicación S Coop. Galega, con funcións específicas de coordinación e xerencia. Socia colaboradora de Maragota S. Coop Galega, espazo de educación infantil que dinamiza contornas rurais. Socia da iniciativa LoPersonalEsPolítico.com sobre redes e empoderamiento para a incidencia social a través do uso das TIC. Dirixín e coordinei proxectos de planificación, intervención e dinamización lingüística, así como proxectos de igualdade de oportunidades.

Gran parte do meu activismo está no movemento feminista no ámbito galego. Formo parte de Mulheres Nacionalistas Galegas e contribuín ao artellamento e creación da Plataforma Feminista Galega. Ciberfeminista apaixonada, resonsábel da xestión das comunidades en rede de colabFEM, feminismo.eu e feminismo.org.